14/04/08

Contos de taberna 12

O misterio de Arlubre 4ªparte


O son das latas so podía vir do nicho de Elmer; Elmer era un inglés que morrera no pobo tan anonimamente como calquera do resto dos defuntos, pero facía un tempo que marchara a dar unha volta e o ultimo que soubo del é que topara moza nun cemiterio en Deventer (Holanda) pero no seu nicho inda quedaban centos de latas de sardiñas en escabeche que tiña gardado por si de morto tiña fame. Abriu o nicho,que máis ben era unha cripta, e descendeu as escaleiras,mirou para as esmagadas latas e arrepiouse,o que tivera feito aquel estrago tiñache un bo problema de sobrepeso,as latas andaban ciscadas por canto recuncho toparas no fondo do mausoleo (1)
esmagadas e fanadas con ferocidade, entre elas topou un pequeno anaco dunha camisola;Gardouno no seu peto e seguiu buscando entre as outras cousas do lugar. Tras do moble bar,a esquerda da mesa de billar, topou outra pista era unha caixa de mistos, non era unha caixa de mistos calquera non, era unha desas caixas de mistos como as que saen nas películas e levaba pegado un chisqueiro onde con rotulador estaba escrito o nome dun coñecido puticlub do pobo...ben, era o único (si o era) e só tiña ás mozas que ensinaban aos cativos a ler e a escribir e se eran un pouco espilidos pois tamén algo de matemáticas,dos idiomas xa se encargaba o bo do sancristán que lles ensinaba o necesario para andar pola vida adiante, de súpeto, mentres meditaba en todo aquilo a porta da cripta cerrouse (2),bateu con todas as súas forzas na tapa do nicho (3) e sentiu como o Silencio lle contestaba, ao pouco Silencio Martínez, o sepultureiro, abriu a porta e deixouno saír,mentres se desculpaba. Manolo apenas atendeu aquelas suplicas de perdón, só chegou a escoitar algunha -Seras apanpanadiño, fendemillos do carallo mira que quedar dentro- esa foi a que máis escoitou pero el pensaba na casa do outeiro onde traballaban as damas de vida leda dando clases aos cativos. Pero xa se fixera tarde de outra vez e tiña que botar a súa partida as cartas, xa iría logo, ademais hoxe xogaba o novo, chegara o cemiterio onte mesmo e escolleu dous nichos mais alá do del.
A partida foi rara, non se sentía cómodo con aquel fulano a parolar da súa vida, se fora chofer de fulanito,se fora axudante de menganito....
-Ao carallo coa partida- Nunca antes dixera iso,fixera tres anos que morrera, e tres anos que levaba xogando a partida no adro, e érache a primeira vez que deixaba unha partida por que si,sen ningún xeito de motivo, os seus compañeiros de cartas sentíronse abraiados pero logo lle toparon substituto.
Manolo tiña outras cousas nos miolos,estaba a pensar se os diversos asasinatos que aconteceran no pobo que a pesar de ter o presunto sospeitoso no cárcere inda non se xulgaran...O motivo deste atraso era co xuíz estaba enfermo de Sarampón, a verdade é que o Xuíz sempre enfermaba de sarampón antes dun xuício,segundo din é pola tensión, malia que os máis desconfiados din que iso é unha escusa por que a tensión alí é a mesma que en todo o estado nacional, 220 voltios..
Por si as crimes tiñan relación con o secuestro do santo, comezou as súas pescudas pola vítima que parecía presentar un patrón diferente ás demais. As outras vítimas do raposo tiñan todas plumas; pero aquela burra estaba limpa, sen a primeira, polo que pensou que, quen a matara, tivera tempo dabondo para desplumala e escondelas... O caso complicábase a cada paso máis e iso dáballe medo, o raposo contentábase con matar galiñas e de cando en vez algún coello, non tiña senso que agora matase a unha burra vella.


(1) Creo que cada vez se facía máis grande a bo seguro que era un nicho multimorfo é dicir dende fóra parece un nicho máis pero ó entrar un se decata de que é unha cripta e cando descende os chanzos da escaleira decátase de que é un mausoleo.

(2) O comezar a subir os chanzos íase facendo xa máis pequena a cousa

(3) ves agora xa e pequecho de todo

2 comentários:

A Conxurada dijo...

Mira que es prolífico ti, como é posible traballar en tantos blogues? jeje. Ah, igual xa cho dixen, pero levei unha alegría inmensa ao atopar unha sección túa en Retranca, porque eres ti, non si?

Un bicazo

An dijo...

A conxurada, como podes ver, agora, cada vez teño menostempo, inda asi disfruto facendo istes cadernos, agardo que a xente tamen lle gusten.No que toca a retranca...si son eu, e estou preparando unha paxina de banda deseñada...a ver si a aceptan, agardo que a miña sección sexa do teu agrado ;D un bico enorme, e moitisimas apertas :)