30/05/08

Contos de taberna 13

O misterio de Arlubre 5ªparte


Mentres tanto Imimoto xa rematara de ver todos os episodios de Policías que os seus monxes lle gravaran e tamén vira unha película no plus sobre un home que era perseguido por un crime que nunca cometeu, e pensaba como lle iría a Manolo coa investigación. Subiuse ó seu coche e marchou cara o pobo, topouse co seu axudante xusto na aba do monte que estaba preto da casa de citas, e alí púxose ó tanto de todo. Xuntos subiron ata a vivenda e chamaron a porta...Os golpes resoaron como si a porta fose de ferro (inda cá dicir verdade era de ferro) pero ninguén abriu. Deron unha volta arredor da casa, pero nin unha soa das fiestras atopábase aberta, buscaron algo co que abrir a porta,o monxe tiña unha radiogafía que sempre levaba con el, así que foi metela entre a pechadura e o marco e, abaneándoa un chisco conseguiron...tirala abaixo, a porta cedeu e caeu amodo, como para levarlle a contraria á física. Dentro non había ninguén, ou polo menos no anaco de dentro que eles vían dende fora.
Entraron amodo, avaliando cada pegada que marcaban na limpa alfombra que pisaban cos seus noxentos pés, un gato comía nunha habitación preto deles. Subiron as escaleiras e topáronse ante un gran corredor, abriron algunha das portas, pero non había ninguén; aquilo era cada vez máis sospeitoso. Manolo, atopou unha pava inda quente...e que se topaba unida a unha boca, nun principio non prestaron atención, pero cando a boca da que penduraba a pava comezou a falar decatáronse de que esta estaba unido a un corpo deses que, como din algúns, sonche menciñais, posto que curan todos os males con só botarlles unha ollada, eles xa non tiña mal ningún así que non se poderían beneficiar desas avantaxes. A boca dixo:
-Cabaleiros, como entraron eiqui-
O home e o espírito non sabían que resposta dar, aquela muller podería ser perigosa,incluso podería ser unha asasina e ter asasinado a alguén, por que ese é o trafego dos asasinos, e seguro que non era un deses asasinos afeccionados que matan unha vez e xa non matan máis, pola pinta seria unha desas asasinas profesionais que se acochan nas sombras cun coitelo de matar ó porco ou que che embeleñan pouco a pouco, a dama insistiu
cabaleiros como entraron, por favor contéstenme.

O defunto repúxose e contestou cun “eeeee, ummmm, nósss, eeee” có monxe traduxo como - Iso é o de menos señora. Que sabe do dono desta caixa de mistos?- Era unha tradución moi ceibe do que seu compañeiro contestara, pero a muller entendeuno a perfección, apagou o seu cigarro e díxolles:
-Seguídeme.-
Os dous homes a seguiron e chegaron a unha gran sala onde se atopaban outras mulleres
O cadáver non lembraba ver tanta muller xunta dende o ultimo día de defuntos onde os viúvos e as viúvas van a bailar cos mortos, el era o único que bailaba coa súa muller por que os demais o non ser oficiais non sabían cal era a súa parella.
Unha das mulleres, a que parecía de meirande idade berrou
Sentádevos e escoitade.

2 comentários:

CGT dijo...

Hola un saludo. Estoy intentando promover la comunicacion entre blogueres mediante redes sociales a nivel autonomico y nacional. Yo he creado una red social de bloguers gallegos que apenas esta recien creada y me gustaría tambien promover redes sociales de blogs tematicos. Mi red social es: http://bloguersgalicia.ning.com si te parece interesante la idea ya sabes donde estoy y si creas una red social temática de cualquier tema de tu interes me gustaría que me la indicases para poner un link desde la mia. El servicio ning (www.ning.com) permite crear redes sociales a medida de modo gratuito.

Un saludo desde A Coruña

An dijo...

Grazas, hei botar un ollo a túa proposta. Saúdos