O misterio de Arlubre 6ª parte
A súa voz era autoritaria e acostumada a mandar a si que eles non foron quen de levarlle a contra, sentaron e esperaron a que a muller seguise falando.
Señores, isto que acontece e moi serio, nos somos unhas monxas....
¿Monxas? Exclamaron os dous compañeiros xuntos
Noooon, levamos estes hábitos por morbo ,no te fode, e deixádeme rematar carallo
A monxa seguiu a súa historia alguén baixou as luces non se sabe si por aforrar ou por crear meirande ambiente.
Como vos dicía somos monxas encargadas de gardar unha reliquia sagrada, O calzón de San Canuto, vostedes preguntaranse por que acochabamos tamaña marabilla e por que ninguén sabía dela, pois moi ben, ocultabámola por que tiña uns borranchos de... ben tiña uns borranchos moi grandes.
Os dous homes miráronse,calaron uns momentos e logo escacharon nunha gargallada, volveron mirarse e calaron de novo poñendo unha finxida faciana de seriedade. O monxe rompeu o perigoso silencio.
E ben ? Iso a que nos importa a nós ?
A monxa mirou o aire e persignouse moi de vagar, mirounos cunha frialdade que parecía recen sacada da neveira, suspirou cun suspiro no fronst e continuou a súa parolada.
Pois o carallo e ca raspa impedía cun demo saíse do seu encerro no tarro no que se atopaba metido dende tempos que nos non lembramos, o demo ese ten algo pendente con San Antonio po-lo que tememos que a desaparición do santo teña algo que ver ca desaparición dos calzóns.
O defunto ergueuse a toda velocidade e con voz resolta e clara dixo...
Perdoe...Onde carallo esta o baño.
Unha muller de pelo loiro contestoulle de moi mala gana e el marchouse correndo, o monxe quedara so ante todas aquelas mulleres.
Fermoso día- Acertou a dicir- Parece que maña non vai chover....-Cando xa non sabia que dicir apareceu o seu compañeiro cerrando a petrina do pantalón e cuspindo sobre dunha alfombra.
Cabaleiros-dixo a Madre superiora- Deben atopar os calzóns e encerrar de novo ese demo.
Coa nova misión e máis coa posible localización do demo saíron os dous do convento cara a braña dos espetos, o parecer alí estaba a residencia de inverno do demo ese xa ca de verano éralle moi húmida nese tempo.
Cando xa case chegaran, puideron ver dende o alto do outeiro que morría na mesma braña unha caseta de madeira da cal saia un fume que estarrecía os dous compañeiros, descenderon a modiño cara a ela, cada paso que avanzaban sentíanse máis preto da morte, cando chegaron onde ela esta pediulle a Manolo un pito e seguiu o seu camiño, non sen antes chiscarlle un ollo. Cando se meteron na braña os dous sentiron unha fría humidade subíndolle polas pernas, mellor fora que levaran botas de goma pero non se decataran de elo así que tocaba amolarse. Cada vez estaban mais preto da cabana, e o fume que saia dela era cada vez máis mesto. A suor percorría as súas facianas,e os seus corpos tremían... máis de frío que de medo pero tremían. A modo apertáronse a porta e tras xogar o chinchimoni quen a abría entraron como lóstregos, Manolo tubo que tapar os ollos cando veu o co demo lle facía o santo, cantaba as corenta en bastos e gañaba a partida, Home tivera visto cousas peores nunha partida pero dende logo non a mans de un fumador compulsivo de celtas que gañaba unha tras outra a partida a dous santos incautos, a San Canuto non lle quedaba nada máis cos seus calzóns e a San Antoniño pouca cousa máis. O Demo mirou para os intrusos e ofreceulles un sitio.
-¿Vai unha man meus?- Cando Manolo ía sentar Imimoto impediullo, os dous miraron para o demo, tiña unha faciana verrugosa, pero carecía de cornos e o seu rabo non remataba nunha frecha como os rabos das ilustracións de Dore, a verdade que mais parecía un trasno que outra cousa, co seu rabo de porco e as súas orellas en punta, pero algo fallaba, os trasnos non pesaban tres toneladas como pesaba aquel, de novo invitounos a sentar e de novo Imimoto tivo que impedir co seu compañeiro sentase
- que carallo...Pero que me vai facer o demo ghordo este oh? O demo levantouse e botou a chorar, San Canuto e San Antón fórono consolar. – Non lles faghas caso. – Non saben o que din- dicíanlle. San Antón acercouse os recen chegados e díxolles – Arre carallo non tedes sensibilidade ningunha- os dous quedaron abraiados- Non vedes que pasou séculos pechado nun tarro de marmelada por mor dunhas monxas psicopáticas, como estariades vos de tanto doce e pouco movemento- Os ollos xa non lles collían na cachola, non entendían nadiña.
- Pero ..ti téñaslle medo...pediches protección eeee...Secuestroute.....
O demo parou de chorar e xunto cos santos fitáronos ben antes de estoupar nunha conxunta e enorme gargallada, tan grande que case non collía na habitación viciada polo fume do tabaco que saia por todos os poros da choupana.
-Non meus non- Continuou o santo do porco- Non tiña medo de Ferrocianuro, quería protección por que estou farto de ca xente do pobo turre de min, sempre remato caendo o chan e mancándome, ferrocianuro e un bo amigo de toda a vida, antes de seren un anxo caido votabamos sempre a partida no ceo xuntos, un Cabrón de tres, el, Canuto e máis eu, cando caeron os outros o inferno pois el non pasou da terra, e cando as monxas topárono vagando pola veira do convento xunto cos calzóns perdidos de San Canuto, non se lles ocorreu mellor cousa que metelo no tarro e tapalo cos prenda intima de Canutiño, foder calquera intentaba saír.
AS cousas ían se aclarando inda ca parolada do santo comezábase a facerse aburrida, agora so faltaba saber quen o librara da súa doce prisión, San Canuto aclarouno, topara seus calzóns e colleunos, non sabia co seu cornudo amigo estaba no cacharro pero alegrouse de velo-Por certo- Dixo- Non veriades unha camiseta de Mazinguer Z ? ¿non?.
O demo levantou a man coma se estíbese no colexio, e todos miraron cara el- Comina eu para facer a dixestión dunhas latas caducadas que había no campo santo- Manolo sacou o anaco que topara e devolveullo o seu dono, xa estaba todo arranxado, o pobo tivo a súa procesión e o santo a protección que lle permitiu non caer o chan coma todos os anos, dez monxes dos mais fortes impedían ca xente se lle apertara a menos de dous metros, ademais no pobo abrira unha nova casa de Xogo , ben, mellor dicho no pobo abrira a primeira casa de xogo; o Diaño mantido chamábase, os dous detectives cumpriran a súa misión, Imimoto sentíase orgullos e Manolo xa empezara a collerlle o gusto a cousa ,así que o mellor investigaban os éstranos crimes de animais volátiles no pobo, pero polo de agora o único que farían seria descansar e relaxarse.
Estar non estivera mal o conto, pero xa se sabe que a un crego non se lle pode dar moito a razón que logo non aí dios que o ature.
- Que vos pareceu- Todos calaron como se non tiveran oído nada- Haber o Que vos pareceu? O caramuxo bufou case coma un gato, botoulle a man polo lombo e ca que lle quedou libre fíxolle un xesto a Antón para que servira outra
- Vera vostede, non é que non nos gustara, e soamente, e non o tome a mal, que lle temos o creto perdido- O da sotana mirouno ben mirado, mirou logo para os presentes cunha cara de inquisidor medieval que metía medo e falou
- A si que non me tedes creto, eh?, pero inda crendo ou non o que vos contei, ghustouvos ou non?
Todos asentiron, a dicir verdade a todos lles gustara, inda que si seguimos sendo sinceros calquera conto lles gustaba, inda que fora o que lle pasou o defunto (e que en paz descanse) Pedro o das penas, que era fillo de Marica a do Froaxo,que tamén ven tempo facía xa que che morrera, o caso era matar o tempo e que este se deixase.
O cura cun ramalazo de inspiración presuntamente divina, invitou a unha ronda, sempre e cando o deixasen contar outra historia, esta era sobre un bruxo e o mal que estes pecaminosos ( sempre en palabras de Don Avelino) personaxes poden causar as inocentes e descarriladas xentes.
- Si, si, si, moi bonito todo, presioso, pero déixese de caralladas e conte o conto carallo.
O crego pegoulle unha labazada na caluga, sorbeu un pouco da cunca, limpou as fazulas coa sotana, e comezou a falar, iso si moi baixiño, tanto cos presentes agachábanse preto del para oíres mellor.
2 comentários:
Fai moito tempo que non me gusta tanto ler un conto en galego. Eu aínda o podo falar pero escribilo cóstame moito, de xeito literario, digo.
Noraboa polo blog, de seguido o meto en favoritos :)
No sabía que estaba vostede en Vilagarcía, a ver se co meu futuro "ano en Galiza" nos podemos ver e tomar una taza.
Bicos! e grazas por pasar polo meu blog.
Aledome de que che gostase, un bico enorme e grazas pola tua visita, cando pases pola vila...avisa con tempo e claro que tomamos algo. Saúdos e apertas :)
Publicar un comentario en la entrada