Feitizo 2ªparte
Mentres tanto na casa de Remixio, Seu Curmán Roman, súa muller Maruxa, seu fillo Quinochiño e o seu can Servando esperaban.
-Onde ira o carallo do meu marido- di a muller.-Ese con tal de non traballar non sabe o que a de facer.
- Non fales así do meu curmán, é un pouco atolaxado pero non é mal fulano.- Parecía ca tensión ía a estoupar nunha descarga de alta intensidade, a deus grazas Quinochiño interpúxose
– Mamaiña, Cantas son nove máis sete? – Súa nai mirouno e cun ton burlón e dirixíndose ao Roman contestoulle
- A min que me dis, pregúntalle o Roman que é o que ía máis adiantado na escola nos nosos tempos- o neno continuo
- Señor Roman, Cantas son nove máis sete? – O home trocou a cervexa de man
- Querido Quinochiño, nove mais sete..son...- empezou a contar os dedos, tíñaos todos no seu sitio así que xa podía sumar do mesmo xeito- Pois mira, nove máis sete son vintedous- O neno o mirou fixamente
– Esta seguro?-
-Faille caso ao Roman e remata dunha vez- apartou unha cadeira e comezou a varrer,de novo Quinochiño preguntou algo
– Mamaiña, botácheslle de comer ó can?. Na súa voz entrevíase un fío de medo, que non chegaba a ser terror por pura modestia rural, de súpeto oíuse o bater da porta e de seguido como alguén subía as apodrentadas escaleiras de madeira
– Maruxa- berrou ese alguén mentres remataba de subir as escaleiras- Botácheslle de comer ó can?- O medo de Quinochiño facía tempo que perdera xa súa modestia e se trocara ,non en terror se non en verdadeiro pánico.
–Boteille home, boteille, pero ti , con iso da columna, a que non foches pola avea pras vacas, ai meu deus, meu deus, que teño que facer eu todo nesta casa- Remixio botou unha gargallada ó aire
-A columna- Nova gargallada ao aire- A columna- Gargallada e pasiño- Fun o bruxo e xa estou curado - Todos o miraron abraiados, incluso o neno saíu de detrás da estufa de leña que había no recuncho – pero aínda hai que facer algo, temos que trocar agora todos os mobles de sitio e logo teño que bañarme con estas herbas- Comezou a mudanza a unha marcha rabiosa, a verdade é que mais que cambiar os mobles de sitio limitáronse a amontoalos noutro sitio e inda tiveron que desamontoalos una vez cando se decataron de que Quinochiño quedara debaixo dos sillóns da sala entre a mesiña de noite e a xa coñecida estufa; logo con calma duchouse refregándose coas herbas, o olor das mesmas era abafante, tanto que nin a máis destemida mosca se lle apertaba, incluso o fiel Servando liscou á outra punta da casa, o rematar recolleu unha botella de auga santa e marchou sen dicir ren
A onde irá agora o palanquín do teu Curmán- Roman non contestou, colleu a escopeta botouna ó colo e chamou por o can, quedara co Caralabada para ir de cacería e Qinochiño facía xa un anaco que marchara as clases así que de novo quedou soa, cousa que, por estraño que pareza, alegroulle,tanto máis cando escoitou a frauta do afiador.
2 comentários:
Me encanta volver a pasarme por esta taberna... y aprovechar para desearte un estupendo 2009.
Un abrazo!
Rosenrod, muchisimas gracias, un placer tenerte por aqui...espero que el traductor online que instaale te permita leer bien las historias.Saúdos e apertas
Publicar un comentario en la entrada