19/12/08

CONTOS DE TABERNA 16

Feitizo 1ªparte


A tardiña caía sobre do desprevido pobo de San Pedro de San Saturnino, e a Remixio ( o dos queixos) parecíalle que caía enriba del por que a súa dor no lombo non era para menos, así que máis ranqueando que andando ía para a casa do bruxo.

Para aquel reporteiro era unha entrevista máis, Pero para o resto do pobo non, así que se tíñanche que estar enfermos para saír pola televisión ,por collóns estaban enfermos.

Armando Bustamante, Xefe de Reporteiros o instante, presentou a reportaxe
-Estamos ante a casa do bruxo de San Pedro de San Saturnino, hoxe van a ter aquí unha serie de curacións milagrosas, pasemos a entrevistar a algún incauto...paciente.

o reporteiro con paso firme e mirando de non pisar ningunha cagada dos múltiples animais que por alí decorrían dirixiuse ao interior da casa do bruxo, a xente agolpábase na sala de espera e nos pasillos ca esperanza de saír por as cámaras , o único que non tiña moito interese era Remixio, un home desacostumado con gabardina , paraugas o pescozo da camisa e gafas de sol.
Bustamante acercóuselle e dísolle :
¿Cal é o seu mal?
O paisano fitouno moi a modiño e ca mesma calma levantou a súa man esquerda e estendeu o terceiro dos seus dedos , fíxose un silencio sepulcral roto polo xornalista que cos ollos crispados e erguendo polas lapas a Remixio volveu a preguntar:
Cal é o seu mal?
Remixio sacudiuse e contestou con desleixo
– Dóeme a columna-
A xente foi pasando unha tras outra ata que so quedou el . O tempo ca secretaria o mandaba pasar as cámaras colábanse para gravalo todo.
O bruxo tras uns pases máxicos, ou espantar un abellón a verdade é que non o sei moi ben, mirou o dos queixos e tras consultar algúns dos seus libros máis vellos chegou a conclusión de que era mellor buscar en internet; e xusto alí atopou o problema, un mal de ollo.Tras botarlle as cartas e facer un pouco de tempo mirando a paxina de Pamela Anderson e máis a de Evilbert puxo de costas o seu paciente alzou a súa vara coroada de osos dicindo:
-Co oso fuches torsido e co oso serás endereitido.
Cando rematou propinoulle a Remixio uns cantos golpes, por que a dicir verdade tíñalle ganas dende o día no que este lle gañou ó subastado na taberna.
O coitado sorriu, atopábase mellor
-¡hai! Que ben estou, xa non me doe a columna- O bruxo abraiouse pero lixeiro repúxose
- Mira Remixio, para librarte definitivamente do mal de ollo tes que cambiar todos os mobles de sitio nada mais chegar á casa e logo lávaste todo o corpo fregando con esta planta- Arrancou una flor horrible ca súa nai lle regalara facía moito e felicitouse mentalmente por ter sido quen de librarse tan dignamente daquela bazofia vexetal e continuo- Logo botas unha botella de auga santa nun cruce de camiños o máis afastado que atopes da túa casa e xa veras como quedas novo- Seu paciente preguntou:
-E ¿canto lle debo por esta milagre?- os ollos do meigo acendéronse, esta era a parte que máis lle gustaba do negocio.
-Home..por ser pra ti... Dous terneiriños, unha ovella, un saco de patacas, mil pesos e a vontade, veña, non se fale mais.
Tras pactar o xeito de pago, Remixio liscou rosmando
– Carallo, que cara me sae a columna, líbrame San Dulxencio meu amigho de todos os males-

2 comentários:

belinha dijo...

Ui,acho que prefiro ler em galego,eheheh!Gracias!!!Vou colocar link!

An dijo...

Pois ti mesma, a tradución automatica pode ser un pouco caótica, Saúdos