Unha idea.
No xiradiscos soaba Coldsweat, dos Sugar Cubes, ese disco gustáballe e agora que estaba alí estarricado , no sofá, coa libreta na man e buscando unha idea para escribir un relato, era unha boa opción a escoitar; só se magoaba de que saltase tanto; tiña que mercar unha agulla nova.
A diferencia do disco os seus miolos non se movían, e alí estaba, tentando darlle voltas á cachola procurando unha ocorrencia; de súpeto, cando Björk tivo un subidón de adrenalina máis que de voz, iluminóuselle esa parte interior do craneo que tan pouco habituado estaba a usar.
Sentouse coa espalda recta e as pernas sobre dunha desas banquetas de piñeiro que venden por os mercados, unha desas que chaman de Portugal inda que esten feitas na Estrada, e comenzou a escribir.
A historia xiraba en torno a un home que estaba estarricado nun sofá, escribiu unhas liñas e ergueuse a sacar o vinilo; xa lle amolaba un chisco con tanto salto e tanta léria, e seguiu con o que estaba.
Contou como un home se topaba estumballado sen saber que poñer nun relato, e ese home escoitaba música dos oitenta nun vello e paleolítico xiradiscos.
O home do relato tivo de supeto unha idea, o mesmo tempo que remataba unha das cancións do seu imaxinario disco, escribía unha historia sobre un home que estaba escribindo un relato que trataba dun personaxe que non sabía sobre que escribir un conto, e comezou a poñer en situación a ese home, nunha modesta biblioteca,cos pés deriba dun tallo e a libreta nos seonllos, escribindo sobre alguén que non sabe que escribir e escribe sobre el que non ten ningunha idea para contar.
Ao final do conto, os cinco, erguémonos e buscamos outro disco; Prefat Sprout podería valer, pinchámolo por a cara dous e escoitamos un anaco de Moving the river, logo pasamos a seguinte canción, leimos o que levábamos feito e deixamos, por rematado, o conto, ao tempo co disco volvía saltar nunha estrofa en ingles que ningún entendeu; Mentres, nun sofa estarricado, nunha modesta biblioteca un escritor tiña a idea de escribir un relato dun home que escribía sobre un personaxe que non sabía sobre o que escribir e escribía sobre unha persoa que escribía sobre el.
Mentres algún frotaba a testa outros os ollos e os que menos esas zonas das que non se fala nos libros infantís, o taberneiro salvara unha a unha as cuncas do que tería sido, sen a súa axuda, unha morte segura, e as secaba co mandil; o que non era un cambio para moito mellor. Xa ninguén tiña ganas de moita leria, levaban toda a noite de parolada e a bo seguro que na casa xa se ergueran todos, por unha parte sempre poderían dicir que madrugaran moito, pero por a outra os seus corpos pregaban un repouso que outro día de vixilia non lle daría. Debatíanse agora os casados en enfrontarse ao rodillo ou sufrir as consecuencias dun gran cansazo que se aveciñaba cal anticiclón por as illas Azores, os máis vellos xa viuvos rían dos mozos, pero no fondo pensaban en como dicirlle ás súas fillas que o que tiñan non era resaca se non unha gripe que colleran pola friaxe de se erguer cedo. Antón volveunos á realidade.
a ver carallo, movédevos que quero pechar.
- A ver están os cegos e nunca ven – Dixo Don Avelino con algunha copiña de
máis.Era certo que el non se tiña que preocupar, non tiña misa ata a tardiña e podía dormila con moita calma, e quen sabe ao mellor con algo máis que calma.
De súpeto falou o Luís.
Conto o ultimo e liscamos.
Non me fodas Luisiño, non me fodas, que quero cerrar mira que horas che son meu- Antón tiña os ollos de vidro tinguido, gabiados por unhas veas de chumbo vermello, parecían as vidreiras dunha catedral, o peor de todo e que parecían as vidreiras dunha catedral a puntiño de ser derruida por o tempo.
Só unha e remato home- O taberneiro resignouse e sentouse nunha cadeira cruzando as pernas, fixo un aceno cos brazos e esperou a que comezase a historia. O señor Luís agachouse acendeu un pito e....
- Pero queres empezar dun carallo de vez- berrou o dono do local, e tanto berrou que o conto empezou.
0 comentários:
Publicar un comentario en la entrada